29 de julho de 2011

Muiñeira

Os Dezas de Moneixas foron un conxunto de gaiteiros ben xenuíno. Formado case ao completo por membros dunha mesma familia e capitaneado por Xosé Benito González López, percorreron toda Galiza con melodías nosas, canto, baile e cadro de declamación. Devotos continuadores dos Coros Galegos, estiveron afiliados ao Partido Galeguista co que colaboraron activamente ata o golpe do 36.

"IRMANS: Cando queirades ter unha festa propia d'a Terra, non deixes de chamar os Gaiteiros 'OS DEZAS' de Lalín-Moneixas".

Nenhum comentário:

Postar um comentário